Queremos iniciar un álbum de momentos históricos do audiovisual galego contemporáneo. Algúns dos socios, empresas e profesionais do sector xa nos fixeron chegar imaxes que gardan nos seus arquivos particulares. Velaquí unha mostra.

O álbum segue a medrar. Se tes fotos de rodaxes, estreas e outros momentos relevantes da historia do noso audiovisual, con máis de 10 anos de antiguidade, enviánolas escaneadas ou en formato dixital a info@academiagalegadoaudiovisual.gal, acompañándoas destes datos:

  • Autor/a de foto:
  • Data e lugar onde foi tomada a foto:
  • Persoas que aparecen nela:
  • Descrición do momento que se recolle na foto: 

Agardamos o voso material!