Deseñando os esmorgantes de Ignacio Vilar

Mar Fraga

Premio Mestre Mateo 2015 ao mellor vestiario polo filme "A esmorga".

Cando recibín a chamada de Ignacio para crear o vestiario de A Esmorga tiven varios sentimentos encontrados: por unha banda, a ilusión de poder participar nun proxecto tan interesante, e por outra, respecto pola responsabilidade de deseñar unhas persoaxes que tantas veces estiveron no subconsciente de cada galego ao ler a novela de Blanco Amor.

As prendas dos tres esmorgantes foron confeccionadas, facendo ata cinco réplicas de cada prenda, para poder mollalas e manchalas dependendo do momento da película. A chuvia, natural e artificial, foi unha grande axuda para transportarnos ao ambiente de desacougo e frialdade da novela. Todo un reto para o noso equipo nas xornadas de rodaxe, intentar manter aos actores mollados e quentes no frío inverno ourensán foi toda unha aventura.

O traballo de documentación pasou pola visita ao Arquivo Pacheco de Vigo, ao Museo do Pobo Galego en Compostela, e tamén búsquedas en vellos albúmes da parte da miña familia que procede da zona de Ourense. Pero unha gran axuda viu de parte do meu avó Basilio, que foi canteiro en Castromao, perto de Ourense, nos anos 50. Falamos das zocas de Cibrán, dotecido da “chamarga” de Bocas oudo traxe que levaría un sastre como Milhomes. Foi unha maneira de materializar e facer máis real toda esa documentación gráfica.

Da realización dos figurines foron xurdindo novos camiños, ideas e cambios de tecidos, cores, detalles…pero ao final a esencia que debía mostrar cada un dos tres quedou plasmada.

É un traballo do que me sinto especialmente orgullosa. Polo significado que tivo o traballo co meu avó, pola dificultade que entrañaba un vestiario único que debía sufrir tantas modificacións conforme avanzaba a película, e pola dureza da rodaxe que fixo, que por momentos, nos sentísemos dentro da propia Esmorga.


Pode o pedal dun piano levantar un pobo?

Zeltia Montes

Premio Mestre Mateo 2015 á mellor música orixinal polo filme "A esmorga".

Con esta utopía rematabamos as mesturas Ignacio e máiseu. No último día das mesturas non sabiamos como rematar a película, se deixar o son, se poñer música no último plano, se deixar a música nas cartelas, probaramos varias opcións e non estábamos satisfeitos…entón, eudíxenlle a Ignacio algo que só me atrevería a dicir a Ignacio, alguén que me permite soñar e equivocarme…díxenlle:”É se cortamos de forma abrupta o pedal do piano? Pode que consigamos levantalos do asento!” Ignacio dixo o que só un soñador valente pode contestar: “Imos probar!”. Vaino a escoitarunhasoa vez e vaidicir “Xa está, é iso!”. Con esta pequena anécdota pódese entender a importancia da confianza entre director e compositor para crear en liberdade.

Contei no meu discurso de agradecemento do premio Mestre Mateo que en A Esmorga non fun euquen salvara a película camiña música, senón que a película salvárame a min, salvárame de actuar con medo, e creo que falar do medo é falar da pedra angular do proceso creativo. O medo existe dende o momento no que buscamos algo que non sabemos se atoparemos, pero o camiño importa e a dose de medo ten que ser moi precisa, uns gramos de máis e corres o risco de abandonar. É aquí onde o papel do director é fundamental e é aquí onde creo que Ignacio Vilarvai demostrar a súacalidade, entendendo que por enriba de todo preciso sentirme segura e arroupada para poder arriscar. Eu non sei como van ser as conversacións entre Polanski e Desplat, entre Hitchcock e Herrmannouagora entre Tarantino e Morricone, pero o que si sei é que non van poder ser máisapaixonadas, profundas e inspiradoras das que tiveneu con Ignacio para A Esmorga. Moitas veces falábame polo Skypedende o seu coche nasnoites galegas e euescoitabadende as mañásanxelinas. Atopabamoitamaxia no cambio enerxético da noite ámañá, da escuridade a luminosidade, e simplemente escoitábaofalar da súa visión da historia, dos personaxes, do destino tráxico, do amor imposíbel…Gardei para min unha foto da pantalla do Skypedundeses momentos, tan íntimos e importantes entre director e compositor, e agoracompártoacos amigos da Academia Galega. Moitos días non conseguía escribir ninunhasoa nota e o que facía era deixar que as súas verbas penetraran en min e medraran e medraran ata precisar saír, as veces con tanta forza que me deixaban xorda. Esta fermentación non era pracenteira porque nelamesturábanse as miñas vivencias, as miñas inseguridades, o meu amor imposíbel… Incluso agora, cando vexo o filme no cine co público, non é que me sintaespida, é coma se puidesen atravesar a miñapel e tocar as miñasferidasdende dentro…aínda que taménsinto satisfacción de ver como esas notas que non me deixaban respirar naquelasnoites en Los Ángeles, hoxe respiran libres polo mundo. De verdade por fin sinto que nada foi un erro, que o proceso é como ten que ser, que a creatividade é perfecta nasúa imperfección, que para tocar a outrosteño que tocarme a min primeiro, e despois tocar o piano, e o piano tocar as cordas, e as cordas tocar o aire…todo para que o espectador quede tocado!


Realizando cos pés na terra

Marcos Estebo

Premio Mestre Mateo 2015 á mellor realización polo programa "Cos pés na terra".

Noite do 11 de abril deste 2015. Auditorio do Palexco na Coruña.

Escóitanse os nomes dos nominados á Mellor Realización. “E os gañadores son…”. De súpeto Diego Guerrero máis eu quedamos con cara de parvos mirando o un ó outro. Acaban de dicir os nosos nomes. Subimos ó escenario tentando non tropezar e damos as grazas rapidamente.

Semanas despois a Academia Galega do Audiovisual invítanos a escribir unhas palabras ó respecto e ó sentar diante do ordenador, o primeiro que me ven á cabeza é… ‘Que significa para min ser realizador?’.

Eu supoño que o mesmo que significaba cando era adolescente e comecei a facer curtas, parodias ou programas de televisión local: Construír algo; Armar algo dende o comezo, paso a paso, ata rematar de montalo todo.

Significa tamén que por sorte contas co traballo doutras persoas e que, como se fosen pezas dun lego, vas collendo cada un deses cachiños e fase por fase, daslle corpo a esa idea final que tes na cabeza e que acordaches ó principio en equipo.

Se entramos nos detalles significa tamén que tes que tomar decisións, elixir… co fin de contar algo. Se supoñemos que un realizador emprega planos en troques de verbas como faría un narrador oral, o caso dun programa como “Cos pés na terra” dache a oportunidade de empregar planos que as veces semellen cadros; Estou a pensar nos planos xerais deses espacios abertos dunha terra que presume riqueza, nos que o gandeiro ou labrego vese pequeno cal formiga traballadora.

Imaxes aparte, venme outra pregunta máis pragmática: ‘Que implica ser realizador… no 2015?’.

No meu caso, comeza coa visita ós futuros protagonistas. Continúa semanas máis tarde, cando subes a unha furgoneta ás seis ou sete da mañá, xunto a un xefe de producción e un operador de cámara. Chegas á aldea e comezas unha entrevista ‘non stop’ que dura varias horas, onde tamén te fas cargo do son. Gravamos ata que case cae o sol. Xa na oficina escaletas o gravado para os pre montadores, escribes o off do narrador e sentas na mesa de montaxe final.

De todo isto despréndese que ser realizador implica poñerte de acordo con moita xente. Neste proceso aprendes moitas cousas dos teus compañeiros e dos protagonistas, e se tes sorte ata de ti mesmo.

A noite do 11 de abril quixen ser breve por aquilo de por o meu gran de area no ritmo da gala, pero agora non quero deixar de sinalar a toda a xente que fixo posible ese momento enriba do escenario do Palexco: Pepe Coira, o artífice deste proxecto; Jesús Vecino, que confiou en nós ó longo destes anos; as xefas de producción que fixeron encaixe de bolillos para sacar adiante os planings de cada tempada; o noso cámara Fernando Dans, que aportou todas as súas horas de voo a este programa; os montadores que botaron días sitiados co material que lles traíamos gravado; e o piar desta producción, o noso montador xefe Nahum C. Fiuza.

Para rematar, un colega preguntoume que significou para min gañar o Mestre Mateo. Máis alá do recoñecemento que supón para este programa (do que levamos feitas catro tempadas), non podo evitar velo tamén como un recoñecemento ó traballo feito nos últimos cinco anos: “Hai que mollarse”“Maniotas”“Os días de Suso” ou “Somos ben curiosos”. Por todo iso, a toda xente que nos deu o seu voto, moitas grazas.


No fondo do que vai todo isto... aprendendo a bailar baixo a choiva

Ledicia Sola

Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto por "Os fenómenos".

Se estou escribindo estas palabras é porque os compañeiros académicos tivestes a ben a delicadeza, o xesto, a fermosa decisión de concederme un Mestre Mateo como mellor actriz de reparto por Os fenómenos. Ese xesto, ese detalle, recólloo, como xa dixen na gala coma un pedaciño de ilusión que gardo no meu corazón e espero me guiará, me acompañará e me dará forzas para seguir cara adiante en cada novo reto que esta profesión me poña no camiño.

E é que todo vai diso, de amarrar a vida cos brazos abertos e plantarlle un bico de película.

De afrontar, de retos, de armarse de forzas e ilusión e bailar ó compás interno de intentar ser fiel a unha mesma. E nesas estamos.

Hai moitos temas que podería mencionar, dos que me gustaría falar xa que me dan a oportunidade de facelo aquí. Podía falar da situación precaria e complicada da nosa profesión, das dificultades as que nos enfróntamos cada día os artistas, especialmente as mulleres…Iso por nomear un par, pero non tería nin tempo nin oco abondo e xa que teño a sorte de poder dedicarvos un ratiño prefiro centrarme na ilusión, que esa non nola poden tocar. Non quero cometer o erro de falar en xeral, así que vouno facer desde o persoal, desde o corazón.

O Mestre Mateo chegou nun momento moi especial para min. Coincidiu cunha etapa de crise persoal e artística e serviume como colofón para pechar un ciclo vital. Dicía Sanford Meisner que leva 20 anos converterse en actor. Aínda non acabo de comprender completamente o que quería dicir con iso, pero supoño que vai relacionado con que o desenvolvemento como actor e como persoa van en paralelo e polo tanto, canto máis medras como persoa, tamén o fas como actor.

Hai procesos que non se poden acelerar, iso está claro.

Eu levo 15 anos desde que empecei, fáltanme outros cinco entón, segundo Meisner, para ser completamente actriz, con todas as letras.

Nestes 15 anos de profesión, nunca pensei en premios, repito, nunca. Pensas en traballar, en tirar para adiante, en ser mellor cada día, en facer proxectos que te entusiasmen…Por iso a sorpresa foi enorme, e non puiden imaxinar que fose tan grato, tan bonito e que che fixera sentir tan ben verte recoñecido polos compañeiros.

Non sei a nivel profesional exactamente en que se traducen os premios, pero a nivel persoal a min serviume de estímulo e sen dúbida, para reafirmar que todo o esforzo e o tempo invertido teñen un sentido e teñen un por qué – aínda que as veces se me esquecera polo camiño- así que, xasó por iso, moitas grazas.

Este ano houbo películas estupendas, feitas aquí, en Galicia que están a gañar premios en festivais internacionais de todo o mundo, e eutiven a sorte de estar en dúas delas. E que marabilla me parece tamén que os nosos corazóns estean divididos á hora de votar entre varios proxectos.

Iso quere dicir que algo fixemos ben.

Para min non é casualidade que este recoñecemento chegase ca peli Os fenómenos. Desde logo, como xa dixen, o gran culpable é Alfonso Zarauza, primeiro por chamarme, segundo por dirixirme, e terceiro por ser un director con sensibilidade, visión crítica e intelixencia de sobra para facer películas honestas e marabillosas, que é o que está facendo.

Ese cine con mirada, con contido, con visión estética da vida e do mundo e das persoas, ese é o cinema que nos interesa, ou polo menos a min.

E non só cine, este ano tiven a sorte de volver a traballar en Galicia, na televisión, despois de varios anos en Madrid. Volver a casa, o lugar onde todo empeza e todo acaba. Poder facer o que me gusta aquí, iso si que é un estímulo para tirar cara adiante como mínimo outros 15 anos máis.

Así que, por favor, sigamos facendo, sigamos vivindo e contando porque aviso, eu teño moitas ganas de quedar por aquí, e se é para sempre, mellor.


O premio é traballar (un clásico)

Mabel Rivera

Premio Mestre Mateo 2015 á mellor interpretación protagonista feminina pola serie "Pazo de familia".

A edición dos Premios M.M. celebrada no pasado mes de abril chegoume xusto cando me estaba eu felicitando polo pouco que me falta para poderme retirar; debería dicir xubilarme, pero ‘retirarse’ ten como máis ‘glamur’. De feito fáltame tan pouco, tan pouco, que se cadra cando isto se publique xa estarei eu tramitando a anticipada … ou non.

Véñolle dando voltas a esa posibilidade dende hai anos, e recoñezo que segundo se vaia chegando o momento de poñela en práctica máis aliviada me sinto, como quen quita un peso de enriba. O que máis me bota para atrás é pensar en ser outra carga para o erario público, por máis que un retiro digno sexa un dereito irrenunciable.

A puta crise (perdón!) ten moito que ver coas miñas ganas de saír pitando, si, pero xa dende antes viña eu cociñando esta sensación de estar máis fóra ca dentro desta profesión e teimando en deixala antes de que ela me deixase a min. Certo que no noso traballo temos asumido como un feito normal que cada vez que finalizamos un contrato quedamos despedid@s … temporalmente. E que produtivos resultan eses tempos!, que ben os aproveitamos para seguirnos formando, para estudar, para ler, para mirar esas películas ou eses espectáculos aos que non podemos asistir mentres estamos traballando, etc., etc.Pero cando en vez de preguntarnos ‘Cando será o próximo traballo?’ a pregunta vaise trocando en ‘E haberá un próximo traballo?’, aí empeza un (sobre todo cando é‘unha’) a ser consciente doutra crise moito máis concreta e neste caso irreversible: a de ser muller (actriz) e facerse maior.

Haberá quen pense que estou esaxerando, que a ver de qué me queixo eu, e iso é porque tendemos a pensar que aos/ás demais lles vai moito mellor do que se cadra lles vai de certo. Sen ir máis lonxe, pásame a min con Meryl Streep, salvando as distancias non so xeográficas, cando leo que se lamenta de cómo vai escaseando o traballo para as actrices maiores. Dixo ela!, pero a súa razón terá cando se alarma ante este proceso de invisibilidade galopante no que imos caendo as mulleres e, xa que logo, as actrices consonte nos facemos maiores. Co estupendas que nos poñemos, e vai a industria e pasa de nós! Por non falar de que, cando non nos chaman para traballar, aínda por encima caemos no mal rollo de botármonos a culpa: ‘Como me van chamar a min, se son un desastre e ademais ultimamente estou coma unha foca?’, e cousas polo estilo.

Unha cousa curiosa para min dos Mestre Mateo deste ano, é que por primeira vez recibín un premio mentres estaba traballando (de aí o título), e traballando ademais en ‘Pazo de Familia’, na mesma serie pola que se me premiaba, o cal me fai estar dobremente agradecida, sabendo ademais que ese traballo vai ter continuidade proximamente. E é que, aparte do felices que somos cando podemos facer o noso traballo, se a maiores temos a inmensa sorte de dar cun grupo profesional e humanoque, coma no caso de ‘Pazo’, se converte dende o primeiro momento nunha desas curiosas familias paralelas nas que tanto nos divertimose coas que compartimos tantas experiencias dentro e fóra do traballo, daquela a cousa xa parece unha desas conxuncións planetarias coma aquela de Zapatero con Obama.

Sabido é que o traballo no noso sector é descontinuo e inestable, e que pasamos de momentos de grandes alegrías a outros de auténtica desesperación. O reparto do traballo non se fai por criterios de ecuanimidade nin de xustiza distributiva, e aínda así asumímolo; pero a súa falta, sobre todo da maneira tan prolongada na que vén sucedendo ultimamente, fainos sentir indign@s e humillad@se sitúanos no risco de botar por terra os logros que tanto custou conseguir entre tod@s e para tod@s. O momento é certamente complicado, pero a palabra clave é cambio: mudar a mellor, e iso implica tamén un gran traballo.

Ben pensado, vai ser cousa de deixar o ‘glamur’ ese de retirarse para outro momento e quedar por aquí un tempiño máis para arrimar o ombro, para mudar. Para colaborar a que o traballo volva ser o que é: un dereito fundamental, non un premio.


Garden's Road

Juan Galiñanes e Olga Osorio

Garden's Road. Premio Mestre Mateo 2015 ao mellor videoclip.

Con catorce premios nacionais e internacionais e medio centenar de seleccións, Garden’s Road constitúe sen dúbida un dos proxectos máis rendibles a nivel de satisfacción persoal dos que nos temos embarcado. Non entanto, como adoitamos dicir, de toda estes galardóns que recoñeceron o noso traballo en lugares tan diversos coma California, Dallas, Toronto, Trieste, Faro ou New Jersey entre outros, o premio máis valorado non só por nós senón por toda a xente que nos rodea, foi precisamente o Mestre Mateo na categoría de mellor vídeo musical. E esa foi precisamente unha das razóns polas que no seu día insistimos para que a Academia mantivera categorías como as de mellor curta ou mellor videoclip porque son precisamente neste tipo de proxectos onde, se cadra, un Mestre Mateo é máis rendible. Non en vano a meirande parte dos vídeos musicaisrealízanse a base de colaboracións altruístas coa intención de dar a coñecer o saber facer dos técnicos implicados ou facetas do seu traballo que non sempre poden amosar no seu quefacer diario.

O caso de Garden’s Road non é unha excepción e todo o equipo implicado traballou arreo con ilusión e pola ilusión. Así que facer que o traballo de todos tivera a maior visibilidade e repercusión posibles era para nós case unha obriga. Garden’s Road son, por suposto, Escuchando Elefantes e os seus músicos pero tamén Lucía Catoira Pan e o seu equipo de cámara, Pablo Díaz e a xente que traballou con el en iluminación, Beatriz Gayoso Prieto e Javier Bello co resto do equipo de arte, Paris resolvendo un problema técnico tras outro, Elena Olivares e a súa xente de produción, Jaime Pérez coa súa steady e o paciente e eficaz Andrés Seijo aturándonos a todos, moi especialmente aos directores. Todo elo nas instalacións e coa colaboración de alumnos da Escola de Imaxe e Son, sen o constante apoio da cal sería moito máis difícil para nós emprender estas aventuras.

Garden’s Road é un intento de poñer en imaxes as dúbidas e os medos que o Carlos Tajes debulla na letra da canción. Moitas veces son as nosas ataduras, as nosas mochilas vitais, as que nos impiden avanzar. Non teñen porque ser malas pero se cadra nalgún momento lastran a nosa necesidade de crecer e explorar novos camiños. Dado que este é un vídeo optimista, como a canción que tamén o é, a peripecia resólvese con éxito e Carlos logra finalmente, non sen a axuda da súa xente, en particular da súa compañeira de dúo Silvia Rábade, desfacerse deses medos e esas ataduras e camiñar cara novas aventuras vitais.

No que respecta á realización, salta a vista que en Garden’s Road intentamos facer da necesidade virtude e tirar o maior partido posible de elementos de atrezzo vistosos pero económicos que nos permitiran, coa axuda da luz, transformar un espazo en outro sen gran quebranto do por outra parte limitado presuposto. Para os que estean intrigados polo “truco”, podemos desvelar que o set de rodaxe estaba formado por unha habitación e media e que, polo tanto, a meirande parte dos pasos dunha habitación á outra son reais e a maxia descansa, xa que logo, no mellor e máis marabilloso truco que ten a linguaxe audiovisual: a montaxe. Hai, en efecto, algunhas cousas resoltas en postprodución pero son as menos (o paso da habitación dos paraugas á dos avións, por exemplo, ou o cambio de espazo ao levantar o marco que nos leva do concerto ao momento da mudanza).

Grazas, en fin, a Academia e aos académicos por manter a categoría de vídeo musical e darnos a oportunidade de figurar con este proxecto entre o máis granado do audiovisual galego do 2014 e grazas aos que deron o seu voto a este proxecto e darlle así alento a ilusión de todo o equipo de Garden’s Road.


Estrelas animadas

Virginia Curiá e Tomás Conde. Algarabía Animación.

Estrella Galicia. Premio Mestre Mateo ao Mellor Anuncio Publicitario.

Cada vez que en Algarabía Animación nos enfrontamos a un novo traballo comezamos da mesma maneira: pensando. Isto de pensar é o máis duro e tamén o máis gratificante, a min lémbrame a ir de compras, non me apetece nunca, paréceme súper cansado pero se ao final consigo mercar algo interesante marcho contenta para a casa. Pensar ideas é duro porque teño que espremer moito o meu cerebro ata que sae a idea, teño que descartar moitas e ir pulindo as mellores ata que por fin unha convénceme. Unha vez chegados aí, agora hai que convencer a Tomás, iso si que é difícil! Por suposto que el tamén vai pensando á vez e tenta convencerme de que as súas ideas son as mellores. O normal é que pasemos uns cantos días discutindo (sen chegar ás mans), que se a miña é moi boa, que se a túa non ten graza, que se o presuposto non da para rodar iso, que se esa ida de ollanon é o que pediu o cliente… Hai veces que tardamos bastante en poñernos de acordo, outras veces as musas están máis traballadoras e de seguido se nos prende a luceciña, o que está claro é que sempre que presentamos unha idea a un cliente, esta convéncenos plenamente aos dous.

No caso de Alarma, ya es Navidad tíñamos dúas ideas moi boas e moi diferentes, unha de Tomás e outra miña, de maneira que presentamos as dúas propostas á axencia de publicidade Imaxe, eles revisáronas e presentáronllas ao departamento de marketing de Estrella Galicia. Nese momento puidemos dedicarnos a outros proxectos xa que as propostas pasan por distintos filtros e tardan uns días en contestar, iso si, en canto contestan hai que poñerse rápido a traballar xa que o Nadal vense enriba. Para comezar elixiron unha das ideas, ¿a de Tomás?… ¿a miña?… ¿que mais dá?

Normalmente fannos algunhas indicacións, pequenas variacións para que estea perfectamente ao seu gusto e cando xa por fin o story está aprobado, non hai un segundo que perder: a preparar decorados, a facer gorros, bufandas, olliños, cascos espaciais e todo o necesario para a rodaxe. Despois ven o máis divertido, a rodaxe en si, as actrices pórtanse moi ben, son puntuais, quédanse nas súas marcas, traen os seus guións ben aprendidos, iso si usamos dobres de luces para que non se cansen “as estrelas”.

Mentres imos rodando, Gastón Rodríguez comeza a compoñer a música. primeiro enviámoslle o story e conforme imos tendo planos rodados imos substituíndo estes no animatic que se vai convertendo na película. Gastón vai tendo así o material de vídeo actualizado e pode traballar sobre a imaxe en movemento.

Agora xa queda menos, pero o tempo bótase enriba e Tomás ten que andar correndo para terminar toda a postprodución do spot, non só se trata de facer os efectos especiais e montar, tamén corrixe problemas de rodaxe, borra arames de suxeición de personaxes, disimula algún elemento que se moveu cando non debía, recompón fondos, etalona, engade efectos de son, etc. Como un polbo.

Neste momento e antes de envialo a Imaxe, invitamos a uns amigos para que vexan o spot con ollos críticos, pero como son amigos pois encántalles, jeje. A pesar de todo seguímoslle pedindo que vexan os nosos traballos por se hai algo que non se entende ou se ven algo raro que a nos se nos escapara. A Raquel, á nosa filla, tamén llo ensinamos. Ela cos seus 17 anos é moi sincera cos seus pais, tras varios visionados e silencios incómodos afortunadamente tamén pasamos ese filtro, ¡buf, que alivio!

Listo, traballo terminado, envíase a Imaxe, a eles gústalles moito e envíanllo a Estrella Galicia, tamén o ven e tamén lles gusta. ¡TRABALLO APROBADO!!!!

Como xa estamos en decembro hai que mandalo rápido á Academia para participar nos Mestre Mateo, aínda que sabemos que como xa levamos o Mestre Mateo o ano pasado é difícil repetir dous anos seguidos.

¡Menuda sorpresa! Por segundo ano consecutivo levamos o Mestre Mateo ao Mellor Spot Publicitario con Estrella Galicia. Dámoslle moito mérito a este premio porque a competencia é extraordinaria e o feito de ser outorgado polos membros da Academia fainos sentir moi valorados e queridos dentro do sector audiovisual galego. ¡Hala, a seguir traballando para o ano que ven!


"Unary", moito máis que unha curta

Elena Olivares

Unary. Premio Mestre Mateo 2015 á mellor curtametraxe.

Unary é o resultado da xenerosidade, do amor polo cinema, da eficacia do traballo en equipo e sobre todo é o resultado da vocación por facer cine. Non foi doado facer Unary, nunca é doado facer cine, pero o realmente importante deste traballo foi o esforzo de profesionais e noveis empuxando para facer un traballo común. Por iso para os de dentro, os que vivimos a creación de Unary, foi unha experiencia colaborativa total e abraiante: xente que empeza neste mundo do cinema traballando man con man xunto a profesionais con experiencia, compartindo, aportando e aprendendo, todos de todos.

Unary xa existe, esa era a intención de tanto esforzo e ilusión. 4 días de rodaxe condensados en 18 minutos dunha historia pausada pero impactante, chea de silencios e miradas, onde se ten tempo para emocionarse e sorprenderse. Sabemos que ninguén quedará indiferente ante un traballo feito con amor, honestidade e coraxe. Unary xa existe, agora é de todos.

Cando amas o que fas podes crear cousas apaixonantes. Unary é unha delas. Un deses traballos que acaban converténdose en moito máis que iso e arredor da cal formouse unha familia.

Dende o primeiro momento soubemos que necesitabamos contar esta historia e sacar esta curta adiante. Dous anos despois podemos dicir que estamos máis que orgullosos do resultado. Ben é certo que custou moitísimo traballo e esforzo, pero mereceu a pena.

Financiamento, equipo, localizacións, reunións, discusións, risas, decepcións, entusiasmo, alegría, esforzo… A meirande parte de vós saberá todo o traballo que isto supón e o temor que un sinte cando alguén te di que está moi complicado e que quizás nunca chegarás a rodar. Esas palabras, por sorte, déronnos máis forza en lugar de desanimarnos e logramos incluso máis do que esperabamos.

Unary é unha curta financiada polos seus produtores, Nacho Caballero e eu mesma, Elena Olivares; coa coprodución de Pixel Films; a colaboración de Trípede; as contribucións de centos de amigos que nos axudaron a sacala adiante e o traballo e o esforzo do mellor equipo de profesionais que puidemos ter.

Para aqueles que non puideches vela, Unary narra a historia de Lucas, que tras 20 anos en prisión intenta facer fronte de novo a unha vida nun mundo que xa non coñece nin parece ter lugar para el.

A curta está dirixida por Luís Avilés Baquero e protagonizada por Antonio Durán “Morris”, os dous piares fundamentais desta obra que intenta explorar o interior dunha persoa que se atopa soa no mundo.

Para os produtores, gañar o Premio Mestre Máteo supón o recoñecemento a todo o traballo realizado e unha gran ilusión ao ser os premios do noso audiovisual. Non hai palabras que expliquen os nervios e a felicidade que se sinte cando se escoita o nome do teu traballo como gañador. Tras recibir este premio, Unary estivo presente no Festival de Cans, no que se alzou co Can de Pedra a Mellor Banda Sonora, do compositor Nico Casal; alzouse tamén co premio a Mellor curtametraxe galega no Festival de Cine Internacional de Bueu e na mesma categoría na Semana do Cine de Autor de Lugo; así como numerosas seleccións dentro e fóra de Galicia e mesmo de España.

Pero sen dúbida, a mellor recompensa é a implicación e a paixón que todo o equipo dedicou a este traballo e que a día de hoxe atópase en fase de distribución a través da Axencia Freak.


Honrados e agradecidos

José Mejuto

ZigZag Diario. Premio Mestre Mateo 2015 ao mellor programa de TV.

A Academia Galega do Audivisual premiou un ano máis a Zigzag como o mellor programa de televisión. Os que traballamos nel sentímonos honrados e agradecidos pola distinción. De tal xeito é así que cando anualmente se convocan os galardóns todo o equipo se mantén expectante. Cando digo todo o equipo resalto o conxunto, dende técnicos a redactores.

Traballar na información cultural, e máis en concreto na información cultural de Galicia, supón un reto, un desafío e unha satisfación. E se por riba os propios compañeiros, a través da Academia recoñecen o traballo, o orgullo e dobre. Dende que comezou Zigzag, alá polo xa lonxincuo 2010, todos estabamos convencidos da aposta que a Dirección da TVG facía pola cultura do país. Aposta innovadora, e polo tanto apaixonante, porque a través do programa tratamos de relatar e difundir, con particular linguaxe, tódolos aspectos da cultura, tanto dos artistas consagrados como dos novos talentos.

Zigzag é un programa consolidado na grella televisiva e cun alto grao de aceptación nas novas ferramentas para ver a televisión. Igualmente, nas redes sociais obtén un alto seguimento, co que se consegue penetrar nunha audiencia xove e interesada polo que acontece no seu medio máis próximo. Un premio destas características supón a revalidación do esforzo do equipo de profesionais que o elabora diariamente, con dedicación e profesionalidade.

Esforzo, satisfación, agradecemento e honra. De todo iso falamos ata o de agora. Pero tamén resulta relevante o compromiso público da TVG coa cultura do país, cumprindo deste xeito o seu principal mandato, ser un servizo público. Por tanto, o equipo do Zigzag séntese especialmente motivado polo traballo que desenvolve e gratamente cumprimentado polo recoñecemento que ano tras ano está a obter dos membros da Academia Galega do Audiovisual.

Traballar na túa terra, na Televisión de Galicia, para difundir a cultura do país e que os compañeiros e membros académicos o recoñezan é, claramente, un motivo ben sinalado para estar honrado e agradecido.


Pros e contras das webseries

Javi Lopa

Produtor de "El método sueco". Premio Mestre Mateo 2015 á mellor webserie.

Desvantaxes á hora de facer unha webserie:

  1. O equipo soe ser reducido e formado por xente inexperta. É normal que nunproxecto no que non cobras queiras poñeren valor a tua vocación máis interna. Tamén é normal que dita vocación acabe frustrada co paso dos capítulos e teñas que “pluriemplearte” para poder sacar o proxecto adiante (Vexase o caso de Javi Lopa: “productor e sonidista”).
  1. Sen un euro de presuposto (ou moi poucos). E sen moito horizonte donde conseguir. A financiación nas webseries semellase moitoá dos viaxes de fin de curso. Tratas de vender rifas ( publicidade ou promoción naserie) e acabanchas comprando familiares e amigos (ista parte non ten paralelismo. Familiares e amigos).
  1. De moita metraxe. Nun corto poden acumularse 10,15,20 minutos de metraxefinal. Unha webserie duns 7-8 minutos por capítulo, a uns 13 capítulos por temporada acumula entre 90 e 105 minutos por tempada. Unha longametraxe.
  1. De creadores “moi guays do noso Señor”. Valgan as palabras de Ricardo de Barreiro en Encallados. É usual que neste tipo de proxectos, no que non hai máis risco económico que eses 350€ que gañaches”vendendo rifas”, teña cabida a experimentación e o onanismo audivisual. Isto, acompañado da inexperiencia, e caldo de cultivo para que saian cousas, cando menos, “particulares”.
  1. Abarcando, por narices, todas e cada unhadas fases de produción dun proxecto. Dendeo día que quedas para tomar unhas cañas e deixas claro que non queres facer a típica serie de estudantes que comparten piso, pasando por o proceso de escritura de guion ó estilo “asamblea 15M”. O proceso de preprodución e financiación no que quedas máis endeudado de favores ca Bankia. A rodaxe, ó estilo guerrilla. A postprodución con renders de varios días. A distribución e promoción na que o “onanismo audiovisual” acada a sua máxima expresión grazas ás redes sociais e as estadísticas da visualización de Facebook crean un novo dogma.

 

Vantaxes de á hora de facer unha webserie:

  1. Podes gañar un Mestre Mateo.