Panorámica do audivisual na educación

Este ano a Academia Galega do Audiovisual dedicou un especial esforzo a afondar nas relacións entre cinema e educación, facilitando experiencias e ferramentas que axuden a que o noso patrimonio audiovisual teña o seu lugar nas aulas.

Ofrecemos aquí un panorama destes proxectos e tamén nos achegamos a outras experiencias que se veñen desenvolvendo por parte de institucións como o CGAI, festivais como Olloboi ou iniciativas particulares curriculares coma a do profesor Manolo González.